Puntos notables do triángulo

Na seguinte construción dinámica podes ver os catro puntos notables do triángulo.

O incentro ou centro da circunferencia inscrita no triángulo atópase na intersección das bisectrices do ángulos do triángulo. A circunferencia inscrita pasa por tres puntos de tanxencia cos lados do triángulo que se atopan nas respectivas perpendiculares aos lados pasando polo incentro.

O circuncentro ou centro da circunferencia circunscrita atópase na intersección das mediatrices dos lados do triángulo.

O ortocentro atópase na intersección das alturas do triángulo. Nos triángulos obtusángulos estas non se cortan, polo que será preciso prolongalas mediante rectas.

O baricentro ou centro de masas do triángulo atópase na intersección das medianas.

Modifica a posición dos vértices A, B e C para construir diferentes triángulos. Observa as posicións dos distintos puntos notables e saca conclusións.

Código hexadecimal da cor

Como moi probablemente xa saibas, a cor de cada pixel dunha imaxe RGB ven determinada polas cantidades de vermello, verde e azul que o constitúen, segundo 256 valores diferentes para cada canle que oscilan entre o 0 e o 255. Das combinacións destes 256 valores por canle resultan un total de 16.777.216 cores que ocupan un total de 24 bits (3 bytes).

O código de cor HTML ou código hexadecimal da cor ten a seguinte estrutura #RRGGBB, e os seus valores oscilan entre o #000000 para o negro e o #FFFFFF para o branco.

ColRD e Hailpixel son dúas aplicacións en liña coas que poderás obter cómodamente o código hexadecimal de calquera cor.

Save